Friday 03 de May de 2024

Reunión coa veciñanza de Figueiroa e O Rañal sobre os incendios que a empresa INversiones Castro Veira provoca nestes lugares e as preguntas solicitadas ao goberno galego


O BNG no parlamento galego rexistrou no día de onte unha serie de preguntas para ser contestadas tanto por escrito como de forma oral en comisión 2ª sobre a situación legal da empresa que reiteradas veces se produce incendio nas súas instalacións coa contaminación que produce e o perxuizo e deterioro da calidade de vida da veciñanza e incluso chegando ao centro de Arteixo os malos olores.

Frecuentemente prodúcense estes incendios e no outono do 2019 ardeu 3 meses seguidos, circunstancia que “non queremos que se volva a repetir, e o concello de Arteixo e a Consellaría de Medio Ambente teñen que tomar cartas no asunto para non deteriorar a calidade de vida da veciñanza nin do noso concello” asegura Xurxo Couto portavoz municipal do BNG de Arteixo.

Así mesmo, o BNG de Arteixo xa solicitou, no concello de Arteixo, que fora entregada a documentación necesaria para comprobar a finalidade da actividade da empresa para que non se volvan a producir nin os incendios nin o malestar veciñal.

En diferentes ocasións, os incendios, teñen requirido da intervención dos bombeiros e mesmo do SEPRONA, tal e como ten manifestado o grupo municipal do BNG.

A parcela, coñecida como planta de compostaxe a partir da almacenaxe de restos de podas e masa forestal, vese afectada por estes incendios reiterados, que desprenden malos olores persistentes e afectan a saúde e benestar da veciñanza.

Esta situación de inseguridade, xunto á falta de resposta por parte do goberno municipal, está a crear indefensión na veciñanza da parroquia de Figueroa e das limítrofes, así como no polígono industrial de Sabón, quen demandan explicacións ante o feito de que arda materia orgánica ou que os camións sigan efectuando descargas pola noite e de madrugada, o que está a acrecentar a desconfianza da veciñanza ante a falta de información sobre a dedicación real da empresa.

As preguntas que se formularon foron as seguintes:

– É sabedor o goberno galego desta situación que está a afectar a calidade de vida da veciñanza de Figueroa (Arteixo)?
– Tenlle remitido o Concello de Arteixo á Xunta algunha notificación a este respecto? Que resposta lle deu a Xunta?
– Ten sido investigada e/ou sancionada a empresa Inversiones Castro Veira por este tipo de incendios periódicos?
– Ten o goberno constancia das diversas actuacións do SEPRONA?
– Ten a certeza a Xunta que a empresa está a cumprir o regulamento que corresponde á súa actividade profesional?
– Que medidas ten activado o goberno galego para evitar que se repitan os incendios na parcela da empresa Inversiones Castro Veira en Figueroa (Arteixo)?